Conversa:Cronobiografía de Valentín Paz-Andrade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


¿Como se indican datas das que descoñecemos o día exacto? Exemplo: 1982: edítase Castelao na luz e na sombra. Pedro --Lameiro (conversa) 12:40, 6 de decembro de 2011 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

So se me ocorre poñerlle 1 de xaneiro. --. HombreDHojalata.conversa 13:00, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Por min, sen problema, pero iso pode dar lugar a confusión algún día se alguén cre que tal feito aconteceu o 1 de xaneiro. Pedro --Lameiro (conversa) 13:05, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Ocórreseme que se pode aclarar algo máis no texto, se se ten esa información. Ou deixar unha nota oculta para futuros editores. Exemplos:
2012 - HdH fixo unha tortilla de patacas durante o inverno dese ano.
2012 - HdH fixo unha tortilla de patacas. (←aquí hai un texto oculto, so visible para futuros editores)
--. HombreDHojalata.conversa 16:29, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Probei o do texto oculto e tampouco funciona dentro do código timeline. --. HombreDHojalata.conversa 10:08, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Outras datas[editar a fonte]

¿Estaría ben engadir outras datas non relacionadas diretamente coa personaxe para facilitar a súa localización temporal?. Por exemplo, o comezo da segunda guerra mundial, a guerra civil, primeiras eleccións democráticas e outras, eso si, sen pasarse... Si se puderan poñer noutra cor penso que serían interesantes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:30, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Tentei meter algún texto noutra cor e non fun quen de facelo.
Ocórreseme poñer dúas cronos paralelas en dúas columnas, unha relativa a Paz-Andrade e outra, á carón da primeira, relativa a acontecementos históricos, mais antóllaseme complexo de máis. --. HombreDHojalata.conversa 10:04, 7 de decembro de 2011 (UTC)
Puxen dúas marcas coas guerras mundiais en gris, son unha proba doutras datas relevantes con cambio de cor, haberá que mirar se son as máis axeitadas e outras que podan ser máis interesantes. Poden poñerse outras cores, a documentación do Timeline está aquí. Tiven que desplazar con shift:(20,-15) a data da súa detención no 1939 porque o texto quedaba solapado co da data da Segunda Guerra Mundial. Non queda mal pero ó mellor se queremos poñer outras datas que podan solaparse coas do artigo sería mellor poñer a gráfica centrada e dun lado poñer as datas do artigo e do outro as datas doutros eventos. Tamén estaría ben cambiar o formato das datas de mm/dd/yyyy a dd/mm/yyyy xa que pode dar lugar a erros ó meter as datas, a min xa me pasou, isto fareino cando teña outro momento libre. P.D: Ó final puxen as marcas en vermello. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Fixen unha proba en Usuario:Elisardojm/Cronobiografía poñendo as datas de localización temporal á esquerda (poden poñerse outras que se vexan máis significativas, as que están agora só son de proba), metín todo nun só timeline e cambiei o formato das datas a dd/mm/yyyy pero haberá que revisar que estén ben cambiadas. Mañá vou mirar se é posible poñer referencias directamente neste artigo para que sexa máis doado verificalas. Se vos parecen ben estes cambios podemos pasalos ó artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:28, 8 de decembro de 2011 (UTC)

  • Pode estar ben separar fisicamente outras datas (á esquerda) das datas propias o biografiado, pero agora, os textos deste quedan cortados e hai que andar movendo a barra de desprazamento. Antes de substituír a páxina que temos pola que tes na túa páxina de usuario, ten en conta que fixen cambios que non tes recollidos: Galicia como tarea editouse en 1959, non en 1957; hai un fito novo en 1945 e outro en 1964. Isto, que eu vexa agora. Máis: despois de dous puntos sempre minúscula (excepto se é nome propio, por suposto). E hai que corrixir 1986: o 23.05 déronlle a Cuidade de Vigo e o 29.06 o Trasalba. Canto ás referencias, eu creo que esta cronobiografía é unha páxina de apoio á da propia biografía, e que todo dato que conste aquí ten que estar na biografía, de modo que aí, na biografía, é onde deben darse tódalas referencias. Pedro --Lameiro (conversa) 13:57, 8 de decembro de 2011 (UTC)
¿Que textos están cortados?, eu agora mesmo non vexo ningún nin neste artigo nin no que teño na miña subpáxina, sería unha versión vella..., ¿ou tes unha resolución rara na pantalla do ordenata?.
Por suposto que hai que revisar a subpáxina, so é unha proba para ver qué visualización nos convence máis. Na última proba o que atopei é que no formato que hai na miña subpáxina non se poden achegar imaxes, como se fixo no artigo, xa que non se poden integrar no espazo da gráfica e quedan mal maquetadas. Así que agora temos que escoller cómo queremos seguir co artigo, se con dúas columnas sen imaxes ou se o facemos cunha columna pero con imaxes. O que quera pode fuchicar na subpáxina que fixen por se a alguén se lle ocorre amañar algo máis. Eu por min case collía a opción de dúas columnas xa que as imaxes imaxino que xa irán no artigo principal e así a gráfica pode quedar un pouco máis ordenada. Se collemos a opción dunha columna con imaxes entón só habería que cambiar no artigo o formato das datas a dd/mm/yyyy e tentar metelo todo nun só timeline. Vós diredes.
Sobre o das referencias atopei un tinglado na wp-en que traducin aquí pero ó final vin que non vale gran cousa porque polo que vin non se poden poñer "dentro" do timeline. Por iso habería que poñelas todas na liña do comezo ou a do final, pero se todas as datas tiveran referencia aparecerá unha liña, ou máis, cunha restra de numeriños de referencias. Se decidimos non poñer as referencias na cronobiografía entón terán que estar todas no artigo principal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:52, 9 de decembro de 2011 (UTC)
Retirei as imaxes para deixar que medre o timeline. Retirei tamén o apartado das referencias. Isto é so un gráfico (o timeline xera unha imaxe) que presenta información do artigo principal dun determinado xeito. Non é un artigo paralelo. O único motivo de que non vaia dentro do artigo principal é que é grande de máis.--. HombreDHojalata.conversa 08:31, 9 de decembro de 2011 (UTC)

Xa cambiei a crono para poñer as dúas columnas e metino todo nun timeline. Agora tódalas datas están en formato dd/mm/aaaa, só queda revisalas todas nas referencias do artigo principal, por se metín a zoca, e ir engadindo máis información ou "eventos" (chamei así ás datas en vermello da columna da esquerda). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:13, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Por certo, aumentei o tamaño da fonte, a min sáeme ben porque acortáronse as frases máis longas, haberá que tentar non extenderse demasiado, pero se non queda outra volve a cambiarse o tamaño e listo. Se a alguén se lle visualiza mal con esta fonte entón non quedará outra que reducir a fonte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:15, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Cambiando o formato das datas do artigo de mm/dd/yyyy a dd/mm/yyyy vin que moitas datas non teñen referencia no artigo. Habería que poñelas nalgún sitio, engadir eses datos no artigo coas referencias ou algo porque se non aquí habería que voltar a consultar os datos.

Tamén propoño que nos textos que aparecen ademais do ano se poña o día e o mes, das datas nas que sexa coñecido, para que haxa un pouco máis de información na gráfica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:55, 7 de decembro de 2011 (UTC)

Datas discrepantes, a confirmar[editar a fonte]

A maiores do problema da data do nacemento (que non ten explicación) hai outra data que temos que confirmar:

  • Gran Enciclopedia Galega: No mesmo ano (1936) salva a vida de milagre tras sufrir un atentado no que lle alcanzaron cinco balas".
  • Charo Portela Yáñez (Ir Indo 1998): 1932: 3 xaneiro: atentado na rúa do Príncipe.

Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 7 de decembro de 2011 (UTC)

    • Nunha carta que escribe a Portela Valladares o 29.11.1932 agradécelle o seu interese polo seu estado de saúde, o que quere dicir que o atentado tivo que ser en 1932 e que a data que dá a GEG está errada. Pedro --Lameiro (conversa) 14:00, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Referencias no artigo principal[editar a fonte]

Non atopo referencias no artigo principal para as seguintes datas, a ver se alguén pode engadilas alí:

  • en 1916 coñece a Castelao,
  • en 1917 é nomeado xefe de redacción de La Provincia,
  • en 1924 pasa un mes na cadea por dous artigos no xornal "Galicia",
  • en 1932 sofre un atentado, por certo, penso que non estaría mal ampliar isto porque penso que é importante explicar un pouco quen e por que tentaron asasinalo,
  • no desterro en Verín sofre outro atentado!, e non se di nada máis, penso que tamén estaría ben ampliar isto e non só poñer unha nota.

Mañá sigo coa revisión das datas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:36, 12 de decembro de 2011 (UTC)