Conversa:Castañeta encarnada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na miña zona (A Coruña) chámaselle dourada vermella. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 14:06 (UTC)[responder]

Dígoche outra vez máis que na miña zona dise así. Acéptamo,aínda que sexa como tercera denominación por uso menor noutras zonas de Galicia. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]

Na Coruña toda a vida chamouse así. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:45 (UTC)[responder]

Na RAG non vén porque ahí aparece o nome xenérico para toda Galicia. Non localismos. Caneburrio (conversa) 17 de maio de 2018 ás 19:47 (UTC)[responder]

Insisto, debes achegar unha referencia académica. Sexa o DRAG, outro dicionario, un manual especializado etc. --Atobar (conversa comigo) 17 de maio de 2018 ás 19:52 (UTC)[responder]

Dourada vermella (ou dorada,como queirades ) ademáis de en Mera e en Muxía,tamén se di na Coruña. Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 12:00 (UTC)[responder]

E mo borráchedes outra vez. Xa o corrixín eu. Na Coruña díxose así toda a vida. Como anécdota,cóntoche que antes de lelo na Galipedia,nunca escoitara o de castañeta encarnada. De feito,pensei que era unha galeguización do castelán "palometa roja" e despois informeime e xa me din conta de que tamén é unha palabra correcta en galego. Caneburrio (conversa) 21 de maio de 2018 ás 12:30 (UTC)[responder]