Conversa:Billarda

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Rivas Quintas (Frampas I e II) recolle a denominación de lipio en Xesta (A Lama), lípiz en Seixido (A Lama) e lipes en Ardán (Marín), co significado de nome do xogo. Engade que pode vir do inglés to leap, saltar. Outros dicionarios recollen lipe, billarda e estornala. Rivas recolle tamén pincha en Tui [logo semella lóxico que tamén no Porriño, pero isto é suposición miña], pinche en Valiñas (Forcarei) e pinchín "en algunas partes" que non especifica, pero nos tres casos como o nome do pau pequeno deste xogo. Outros dan outros significados que non teñen nada que ver.

Lipilape non aparece no Dicionario de Dicionarios. Tala tampouco vén con este significado: é unha parte do remo, unha arte de pesca e unha pinza para coller castañas. Si que designa este xogo en castelán. Toña vén definido como "juego a clavar palos en tierra" (Val do Medo, Baños de Molgas), descrición que quizais se corresponda co xogo do que falamos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:46, 12 agosto 2008 (UTC)

Na zona da foz do minho (Rosal e a Guarda) chama-se Cachiça Na comarca de Vigo é conhecido co nome de "pateiro" —o anterior comentario sen asinar foi feito por 80.174.126.202 (conversacontribucións)

Para poder achegar esta información ó artigo é preciso ter referencias desa información, se vostede pode indicalas pode engadir a vostede mesmo eses datos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2013 ás 22:53 (UTC)[responder]

http://pozaslalo.blogspot.com.es/2012/09/4-campeonato-da-cachiza-gandra-guarda.html http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/11/22/torneo-cachiza-bueu-reune-70-participantes-estacada/599667.html http://cabaqueira.blogspot.com.es/2012/09/xogo-da-cachiza.html http://www.infominho.com/index.php/id/69/objeto/18532—o anterior comentario sen asinar foi feito por 95.20.224.190 (conversacontribucións) 10 de decembro de 2013 ás 00:11‎

Engadín o termo cachiza coa referencia asociada, o termo pateiro xa se indicaba no artigo. Saúdos e grazas pola súa colaboración, Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2013 ás 10:39 (UTC)[responder]

vamos a ver, as parroquias do Rosal e a Guarda pertencen a comarca do baixo minho, que nom e o mesmo que vigo. Deberias mudar que em vigo se denomina Cachiça, ja que como dixem é no baixo minho onde recebe tal denominaçom. saúdo—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.190.120 (conversacontribucións) 18 de decembro de 2013 ás 17:54‎

Ten razón perdón polo lapsus, xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2013 ás 19:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Billarda. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 20 de novembro de 2018 ás 14:46 (UTC)[responder]