Conversa:Autómata finito

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola, estou tentando colaborar en páxinas con temas matemáticos. Vin que esta páxina (autómata finito) estaba marcada como artigo con problemas, pero non se indica en ningún sito qué problemas había que resolver. Observei que varios trozos do texto estaban rodeados por puntiños e correxinno. Cambiei tamén algo da maquetación, pero se había un motivo para a maquetación orixinal por min revirte os cambios. Se me indicades qué problemas había que correxir traballarei neles con gusto. Saudos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.71.252 (conversacontribucións) ás 18:10 do 1 de outubro de 2009

  • Ola, ip. Coido que o marcador de Atención se refire ao formato da propia wikipedia. Cómpre axeitalo a un formato común para que vaia acorde co resto de artigos. A verdade é que polo que vexo non debería ser gran cousa. Se cadra dividilo en seccións, incluír bibliografía e referencias. Olla para este artigo tamén matemático da Teoría do caos. Coido que é un bo exemplo que pode servir de guieiro. Un saúdo e aproveito para animarte a que te rexistres. --Atobar (conversa comigo) 16:33, 1 outubro 2009 (UTC)
    • Ola de novo. Dividín en seccións o artigo e cambiei a categoría autómatas (que non existía ainda) pola categoría matemáticas. Se pensades que os autómatas deberían ter a sua propia categoría poderiamos creala, pero penso que un concepto abstracto como autómata finito debera clasificarse tamén na categoría matemáticas e sen embargo os artigos referidos a autómatas como máquinas físicas corresponderían a outras categorías. Grazas polo ánimo, pensarei un nome de usuario e rexistrareime. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.111.221 (conversacontribucións) ás 16:52 do 5 de outubro de 2009
    • Revisa o que fixen cando teñas un momento. Non vai ser que o escandallase. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:13, 5 outubro 2009 (UTC)