Conversa:Aparición mariana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

"Moitos cristiáns, incluíndo algúns católicos, e non crentes teñen ás aparicións marianas como alucinacións fomentadas pola superstición, e ocasionalmente como simples mentiras ou fraúdes deliveradas para atraer a atención."

  • Primeira vez que escoito algo semellante. Podes amosar fontes disto? Eu, cristián, endexamáis escoitei a outro cristián dicir algo así. A moitos ateos por suposto, pero a cristiáns non. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.145.249.213 (conversacontribucións)

Case todos os protestantes, que son cristiáns, pensan iso ou semellante, non todos outros son máis cautos [1], para unha visión ortodoxa [2] e a igrexa católica considera esas aparicións revelacións privadas polo que os fieis non teñen a obriga de aceptalas, inda que evidentemente non todos os que non cren nelas as consideran alucinacións, niso coincido que a redacción non foi moi afortunada, desculpas.--Guillerme Recuado 16:45, 20 xuño 2007 (UTC)

O problema non estaba na cuestión que expón o anónimo (Norrin?) senón en que a enciclopedia debe recoller feitos, datos, non crenzas ou opinións. Ese é un dos principios de Wikipedia. Non se debe dar como certo nin refrendar pola enciclopedia todo aquilo que non siga esa norma. Dicir: "ás veces as aparicións acontecen nun mesmo sitio durante un período de tempo pero na maioría só unhas poucas persoas poder ver a Virxe" é dar como probado algo que é unha crenza que noutros foros pode ser lexítima pero como afirmación deste proxecto non o é. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:58, 20 xuño 2007 (UTC)