Conversa:Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Quixera expoñer dúas consideracións sobre o título deste artigo.

  1. Alejandro Farnesio é o nome en castelán deste personaxe. O seu nome en idioma orixinal, italiano (que era o seu), é Alessandro Farnese, polo que en galego debe ser Alexandre Farnesio. Véxase, p. ex., o seu nome en portugués, Alexandre Farnésio.
  2. Talvez fora precisa unha páxina de homónimos, xa que houbo, polo menos, tres Alexendre Farnesio famosos:
    1. O papa Paulo III (1469-1549)
    2. O cardeal Alexandre Farnesio (1520-1589)
    3. O terceiro duque de Parma (1545-1592), que foi gobernador dos Países Baixos Españois (Flandres) en tempos de Filipe II, o seu señor, que é o que se retrata neste artigo.

Espero que se teñan en conta estas consideracións, de pareceren oportunas. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 15:23, 18 de xuño de 2011 (UTC)