Convento do Rosario de San Sadurniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convento do Rosario de San Sadurniño
Igrexa e convento do Rosario
PaísEspaña
LocalizaciónSan Sadurniño
Coordenadas43°31′58″N 8°04′22″O / 43.532777777778, -8.0727777777778Coordenadas: 43°31′58″N 8°04′22″O / 43.532777777778, -8.0727777777778
editar datos en Wikidata ]

O Convento do Rosario era unha institución relixiosa establecida na vila de San Sadurniño.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes están relacionadas coa Orde do Temple, que construíu un hospital e unha igrexa na Idade Media. En 1508 o primeiro señor de San Sadurniño, Fernando de Andrade, neto de Nuno Freire de Andrade, o Mao, reconstrúe a igrexa e obtén bula do papa Xulio II para establecer unha colexiata atendida por cinco capeláns.

O fillo de Fernando de Andrade, Xoán Freire de Andrade, segundo señor de San Sadurniño, substitúe os capeláns por regulares da orde franciscana.

En 1570 o terceiro señor de San Sadurniño, Pedro de Andrade, fillo do anterior, encomenda o convento á orde de San Domingos, sendo estes relixiosos os que rexerán a institución ata a súa desaparición no século XIX. Este mesmo señor crea a Cátedra de Gramática e Latinidade, dependente do convento.

Na actualidade, o edificio conventual alberga dependencias municipais e o xulgado de paz. A igrexa parroquial actual de Santa María do Rosario é do século XVIII e pertenceu ao convento ata 1835. Nela áchanse os sepulcros dos dous primeiros señores de San Sadurniño, así como o da muller do primeiro, dona Inés de Castro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Deputación da Coruña. D.L. C 3300-2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Fundación do vínculo e morgado da Casa de San Sadurniño, feito por Fernando de Andrade, artigo de Carlos Breixo Rodríguez no número 13 (2006) da Revista Cátedra Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine..