Convento de San Francisco de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′53″N 8°38′46″O / 42.0481907, -8.6462356

Imaxe de San Antonio no frontón da porta da igrexa.

O Convento de San Antonio, popularmente Convento de San Francisco, é un mosteiro da vila de Tui, construído en 1682. Foi ocupado por membros da Orde dos Freires Menores até ser exclaustrado trala desamortización de Mendizábal. Parte, acolle, desde 1850, o Seminario Menor da diocese de Tui-Vigo, que posúe unha importante biblioteca.[1]

Arquitectura da igrexa[editar | editar a fonte]

A igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación.

O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tui Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., en Agalicia.com (en castelán).
  2. Igrexa do Convento de San Francisco de Tui, ficha na web de Turgalicia.