Constantino Abelleira
(Redirección desde «Constantino Vázquez Abelleira»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1901 San Fiz de Paz, España |
Morte | 24 de xullo de 1966 (64 anos) Becerril de la Sierra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , compositor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Constantino Vázquez Abelleira, nado en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) o 5 de novembro de 1901 e finado en Becerril de la Sierra (Madrid) o 24 de xullo de 1966[1], foi un escritor e compositor galego. Usaba o pseudónimo de Veladoira.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É autor dun libro con textos en prosa e en verso propios e alleos, titulado Cousas e contos de por aló, publicado en Madrid en 1936 que asinou co pseudónimo Veladoira. Despois publicou en castelán ¿Quién trajo la revolución? (1939) e Mi mujer se casó, o Las desdichas de un enamorado (1952). Tamén compuxo as obras musicais "Don Narciso" (chotis), "San Rafael" (pasodobre) e os tangos "Club San Carlos" e "Luces de colores".
Obra[editar | editar a fonte]
- Cousas e contos de por aló. Madrid, 1936. Editorial Graphia. Artigos de creación propia e escolma de autores galegos.
- "¿Quien trajo la Revolución?", folleto sobre os días previos á guerra civil española publicado na imprenta de El Progreso de Lugo, 1937.
- Las desdichas de un enamorado. Madrid, 1952. Gráficas Orbe.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- ABELLEIRA, Constantino V en Gran Enciclopedia Galega