Consolidated B-24 Liberator
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Consolidated B-24 Liberator | |
|---|---|
| B-24 Liberator | |
| Tipo | bombardeiro |
| Fabricante | Consolidated Aircraft |
| Primeiro voo | 29 de decembro de 1939 |
| Introducido | 1941 |
| Construídos | 18.482 |
O Consolidated B-24 Liberator foi un bombardeiro pesado estadounidense usado durante a Segunda Guerra Mundial. Comezou a deseñarse a principios do ano 1939 para ofrecer prestacións superiores ás do B-17, e realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro dese ano. Foi o avión estadounidense máis fabricado durante a guerra, construíndose 18.482 exemplares en total.
A súa produción en masa chegou ao seu punto máis alto a partir de 1943 coa axuda da Ford Motor Company, ao comezar a fabricarse na súa nova fábrica de Willow Run, onde chegou a fabricarse un B-24 por hora e 650 por mes en 1944. Outras fábricas seguiríanlle pouco despois.