Comcast
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comcast Center, en Filadelfia, a sede central da compañía
Comcast Corporation é unha compañía de telecomunicacións estadounidense fundada en 1963, é o primeiro operador[1] de televisión por cable, o segundo proveedor[2] de internet, e a terceira compañía telefónica [3] dos Estados Unidos, ofrece os seus servizos en 39 dos seus estados e no Distrito de Columbia[4]. Tamén opera as súas propias canles de televisión: Comcast Network, Comcast SportsNet, SportsNet New York, MLB Network, Comcast Sports Southeast/Charter Sports Southeast, E! Entertainment, Style Network, G4, Versus, The Golf Channel, AZN Television e FEARnet. En agosto de 2010 Comcast mercou a maioría de NBC Universal, porén aínda está pendente da aprobación gobernamental.