Columna de Nelson
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado con Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con Irlanda que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A Columna de Nelson, Colún Nelson (en irlandés) ou Nelson Pillar (en inglés), coñecida frecuentemente en Dublín como Nelson's Pillar ou simplemente The Pillar, foi un piar coroado por unha estatua de Horatio Nelson que estaba situado no medio da actual O'Connell Street, en Dublín. O monumento foi erguido en 1808 e foi destruído por unha bomba de republicanos irlandeses en 1966.[1]
Índice |
[editar] Descrición
O monumento era unha columna dórica de 36,9 metros de alto e coroada por unha estatua de Horatio Nelson de 4 metros de altura de pédra de Pórtland realizada polo escultor de Cork Thomas Kirk, dándolle unha altura total de 40,9 metros (10,7 metros menos que a Nelson's Collum de Londres). O diámetro da columna era de 4 metros no seu extremo inferior e de 3 na parte superior.[2]
Tódalas partes visibles da columna eran de granito de Kilbride, Condado de Wicklow. O interior era de calcária negra.[2]