Columbograma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo postal emitido para homenaxear os pigeon-gram e as pombas mensaxeiras pola Great Barrier Pigeongram Agency.

O columbograma (en inglés pigeon-gram) é unha mensaxe transportada por unha pomba mensaxeira. Xa desde os tempos antigos esta clase de transporte foi habitual para transmitir mensaxes urxentes sobre todo ás tropas, o século XIX foi cando máis se utilizou para fins civís mesmo emitíndose selos específicos para esta clase de correo, desde a Segunda guerra mundial desapareceu para fins civís polos modernos medios de telecomunicación e na actualidade só se utiliza por determinadas unidades militares e en caso de conflito bélico cando están cortadas todas as outras formas de comunicación.

En 1897 estableceuse en Nova Zelandia o The Great Barrier Pigeongram Service para o transporte de columbogramas entre Auckland e a illa da Gran Barreira, a 100 km de distancia e a partir de 1898 emitíronse selos especiais.