Cogomelo alucinóxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cogomelos alucinóxenos son fungos que conteñen substancias psicodélicas, como o psilocybin, psilocin ou muscimol.

Índice

[editar] Categorización

O cogomelo alucinóxeno Psilocybe semilanceata

Os cogomelos alucinóxenos ou psicodélicos poden dividirse en dous grupos: o grupo dos Psilocybin que contén fungos que se atopan principalmente no xénero Psilocybe, e o dos Muscimol que contén cogomelos do xénero Amanita.

Os fungos psilocibios conteñen psilocybin e/ou psilocin e triptaminas psicodélicas, que son estruturalmente similares á serotonina. Son fortes reguladores do humor, do estado da mente e da consciencia. Algunhas especies de Psilocybe conteñen ademais o alcaloide baeocystin, que é un derivado do psilocybin. Outros xéneros que conteñen psilocybin son Conocybe, Copelandia, Gymnopilus, Inocybe e Panaeolus.

[editar] Efectos

O Psilocybe cubensis proporciona unha viaxe salvaxe que pode sacar a relucir problemas internos e o seu efecto pode prolongarse ata 6 horas. Os efectos destes cogomelos alucinóxenos percibense en oleadas; a viaxe ten períodos duros e tranquilos. Stropharia cubensis é o cogomelo alucinóxeno máis coñecido e preferido. Os cogomelos alucinóxenos Cubensis son unha substancia psicodélica (alucinóxena) moi potente. Estes cogomelos conteñen psilocina e psilocibina. En tódolos casos os cogomelos psicotrópicos son perigosos, xa que unhas decenas de minutos despois de consumilos provocarán un desfase entre o cerebro e os estimulos que lle chegan ao corpo, perdendo totalmente a percepción do tempo ademais da conciencia.

[editar] Historia

Dende épocas moi remotas existiu un verdadeiro culto aos fungos alucinóxenos. Proba diso son os achádegos arqueolóxicos onde aparecen figuras representando fungos e ás que nalgunhas ocasións identificábanse como deuses. Os maias eran verdadeiros pioneiros no seu uso e os chamáns utilizábanos para alcanzar trances visionarios. Tamén se relacionan con mitos e lendas de meigas, elfos, trasnos e gnomos. O emprego deste tipo de fungos rexurdiu en 1957 coa publicación dun artigo titulado En busca do fungo máxico por R. Gordon Wasson na revista Life, e co cultivo no laboratorio de Psilocybe mexicana por parte do micólogo francés Roger Hiem.

[editar] Situación

Os fungos psicotrópicos poden atoparse nalgunhas zonas do norte de España. Cómense crús ou pódense cociñar.

[editar] Ligazóns externas

O cogomelo alucinóxeno Psilocybe cyanescens

[editar] En castelán

[editar] En inglés

Cogomelos alucinóxenos


Amanita gemmata | Amanita muscaria | Amanita pantherina | Cogomelos psilocibios | Conocybe cyanopus | Conocybe smithii | Gymnopilus spectabilis | Gymnopilus luteofolius | Inocybe aeruginascens | Panaeolus subbalteatus | Panaeolus tropicalis |Psilocybe australiana | Psilocybe azurescens | Psilocybe baeocystis | Psilocybe bohemica | Psilocybe cyanescens | Psilocybe cubensis | Psilocybe mexicana | Psilocybe semilanceata | Psilocybe tampanensis | Psilocybe weilii

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas