Codorníu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Codorníu
Codorniu - Museum 5.jpg
Museo Codorníu
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1551
Matriz Familia Raventós
Localización Edificio Alta 1 Av. Països Catalans, 38, 08950 Esplugues de Llobregat Barcelona Cataluña Cataluña
Fundador Jaume Codorníu (1551)
Josep Raventós i Fatjó (1872)
Industria Alimentación
Produtos Cava
Viño
Beneficio 185 millóns de euros
Páxina web codorniu.com

Codorníu é unha empresa familiar catalá adicada á produción e comercialización de cava e viño.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da empresa están na familia Raventós a mediados do século XVI. Jaume Codorníu e a súa familia adicábanse á produción de viño.

En 1659, casan Anna dos Codorníu e Miquel Raventós. Anna foi a última da familia en levar o apelido Codorníu. Dende entón os herdeiros familiares pasaron a chamarse Raventós. Dous séculos despois, Josep Raventós i Fatjó inicia a modernización da empresa producindo a primeira botella de cava empregando o método tradicional mesturando as variedades tradicionais do Penedès: Macabeo, Xarel-lo e Parellada.

En 1887, a filoxera destrúe os viñedos do Penedès e obriga a replantar tódalas viñas familiares con enxertos de plantacións inmunes. En 1888 na Exposición Universal de Barcelona a marca gaña o primeiro premio, unha medalla de ouro.

En 1976 as cavas Codorníu son declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional por Real Decreto do 9 de xaneiro de 1976.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Codorníu Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]