Club Hockey Albor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Hockey Albor
Tipoclub deportivo
Deportehóckey sobre herba
Data de fundación1981
SedeOurense
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Club Hockey Albor é un club de hóckey herba da cidade de Ourense. O seu equipo sénior masculino, unha mestura de xogadores veteranos e novos xogadores incorporados da canteira, compite no Grupo III da Primeira División, mentres que o seu equipo feminino, un equipo moi novo formado por xogadoras da canteira, compite na Segunda División Autonómica

Historia[editar | editar a fonte]

Dende a súa fundación, contra o ano 1981, o club obtivo numerosos campionatos provinciais e galegos en diferentes categorías e recoñecementos por parte do deporte ourensán.

O primeiro logro chegou na tempada 1996-97, cando acadou o ascenso por parte do primeiro equipo á Primeira División grupo Norte, que daquela contaba no seu grupo con equipos como o Atlético San Sebastián, R.S.Tenis ou Jolaseta. O equipo de primeira mantívose nesta categoría dende aquela e acudiu ás últimas fases de ascenso á División de Honra B sen demasiada sorte ata o momento.

O equipo feminino gañou a Liga Galega de Segunda División en catro ocasións e acudiu á fase de ascenso á Primeira División nas tres últimas tempadas.

En sala, o club logrou acudir a numerosas fases de sector do Campionato de España e a 3 fases finais, nas que obtivo un 8º lugar en 2002, a medalla de bronce en 2006 e o 6º lugar en 2007.

En categorías inferiores tamén acadou nos últimos anos campionatos provinciais e galegos en categoría xuvenil masculina e feminina, cadete masculina e feminina, infantil masculina e feminina, e alevín.

Tamén acudiu a numerosas fases de sector dos campionatos de España e a numerosas fases finais:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]