Club Deportivo Ávila Vóley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O CD Ávila Voley no Pavillón de San Antonio.

O Club Deportivo Ávila Voley foi un equipo de voleibol feminino da cidade de Ávila (Castela e León, España) herdeiro do Caja de Ávila - C.S.C.. No 2004 asinouse a cesión total dos dereitos ao novo club, iniciou entón a súa andaina na tempada 2005-06 na Superliga, a máxima categoría deste deporte no estado español, con total independencia do Caja de Ávila, mais herdando as súas estruturas e os dereitos de competición. O 5 de xuño de 2006 fíxose pública a súa desaparición por problemas económicos e o traspaso da súa praza na Superliga ao equipo da Universidade de Valencia. Xogaba os seus partidos como local no Pavillón Municipal San Antonio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]