Clifden - An Clochán
| Clifden An Clochán |
|||
|---|---|---|---|
| Provincia | Connacht | ||
| Condado | Condado de Galway | ||
| Poboación | 3.284 (1.255 na vila) hab. | ||
| Altitude | 50 metros | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Clifden (en irlandés: An Clochán) é unha vila de Connemara, no Condado de Galway, na provincia de Connacht, ao Oeste de Irlanda.
Índice |
[editar] Xeografía
A cidade máis grande de Connemara atópase entre a costa do océano Atlántico e o terreo escabroso das Montañas ao lado do Río Owenglen.
[editar] Historia
Clifden é unha das últimas vilas construídas en Irlanda. John D’Arcy fundouno no século XIX nunha tentativa por atraer o comercio á zona.
Pola situación de Clifden ao lado do río e o océano Atlántico, a vila creceu rapidamente ata acadar a prosperidade na pesca. Ademais, a situación xeográfica da vila permítelle ser un lugar de turismo pola súa paisaxe de auga e montañas.
Na década de 1840, Clifden sufriu moitas dificultades a causa da fame. Moitas persoas morreron, o negocio perdeuse, e a vila quebrou. Porén, a vila puido reedificarse con subvencións estatais e volveu ser un área próspera.
Clifden converteuse nunha vila de importancia na década de 1900, cando Guglielmo Marconi construíu o primeiro servizo radiofónico fixo que conectaba Europa con América do Norte.
[editar] Relixión
Clifden encóntrase dentro da Diocese Católica de Tuam e da Diocese de Tuam, Killala e Achonry da Igrexa de Irlanda e o seu Omey Union Parroquial. Clifden ten dúas igrexas: St. Joseph's (católica) e Christ Church (Igrexa de Irlanda).
[editar] Acceso
Situado a menos de 77 km dende Galway pola estrada N59, conta con servizos de autobús que conectan Galway e Clifden.
[editar] Turismo
A situación da vila preto do océano e as montañas atrae a moitos turistas cada ano. A vila ofrece moitas oportunidades para ir de excursión. Tamén, ofrece moitas tendas, bares, restaurantes e locais, e hoteis para os turistas.
A Bandeira de México ondea no centro da vila honrando a John Riley e ao seu Batallón de San Patricio, que serviron nas Forzas armadas de México na Guerra de Intervención estadounidense.
[editar] Lugares de interese
- Twelve Bens.
- Connemara National Park.
- Abbazia di Kylemore.
- Castelo Ballynahinch.
- Sky Road.
- Derrygimlagh Bog .
- Inishbofin.
- Slyne Head Lighthouse.
- Omey Island.
[editar] Eventos
- En Agosto hai unha exhibición dos cabaliños de Connemara.
- En Setembro hai un festival de obras de arte.
- Carreiras de cabalos.
[editar] Ligazóns
- http://clifden.galway-ireland.ie/ (en inglés)
- http://www.connemara.ie/connemara/clifden/ (en inglés)
- http://www.absoluteastronomy.com/topics/Clifden (en inglés)