Christopher G. Moore
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Christopher G. Moore, nado o 8 de xullo de 1952[1], é un escritor canadense, autor de vinte novelas e unha colección de relatos curtos. É especialmente coñecido por unha triloxía sobre Tailandia, o seu país de adopción, e sobre a serie de novelas negras protagonizadas polo detective Vincent Calvino e ambientadas en Bangkok. As súas obras foron traducidas a 11 idiomas.
Índice |
Traxectoria[editar]
En 1983, sendo profesor de Dereito na University of British Columbia, visitou Toquio, e desde aí foi a Bangkok por vez primeira por invitación dun amigo. A súa primeira obra, His Lordship’s Arsenal, foi publicada en New York en 1985.
Saga de Vincent Calvino[editar]
O detective privado Vincent Calvino apareceu por vez primeira en Spirit House (1992), levándose xa 9 novelas da súa saga. É un ex-avogado neoiorquino de orixe metade xudía metade italiana, que en circunstancias pouco claras deixa a avogacía e marcha a Bangkok para converterse en detective.
Obra[editar]
Novelas[editar]
- His Lordship's Arsenal, Freundlich Books (1985) ISBN 0-88191-033-3;
- Enemies of Memory, White Lotus (1990).
- A Killing Smile, White Lotus (1991) ISBN 974-8495-48-5.
- A Bewitching Smile, White Lotus (1992) ISBN 974-8495-57-4.
- Spirit House, White Lotus (1992).
- Asia Hand, White Lotus (1993) ISBN 974-8495-70-1.
- A Haunting Smile, White Lotus (1993) ISBN 974-8495-82-5.
- Cut Out, White Lotus (1994) ISBN 974-87116-3-3. Publicada de novo co título de Zero Hour in Phnom Penh.
- Saint Anne, Asia Books (1994) reimpresa como Red Sky Falling Heaven Lake Press (2005) ISBN 974-92385-7-5.
- Comfort Zone, White Lotus (1995).
- The Big Weird, bookSiam (1996).
- God of Darkness, Asia Books (1998) ISBN 974-92281-7-0.
- Cold Hit, Heaven Lake Press (1999) ISBN 974-92104-1-7.
- Chairs, Heaven Lake Press (2001) ISBN 974-87691-9-4.
- Minor Wife, Heaven Lake Press (2002) ISBN 974-92126-5-7.
- Pattaya 24/7 (2004) ISBN 974-92066-6-5 Heaven Lake Press.
- Waiting for the Lady, Heaven Lake Press (2003) ISBN 974-92186-1-2.
- Gambling on Magic, Heaven Lake Press (2005) ISBN 974-92942-5-4.
- The Risk of Infidelity Index, Atlantic Monthly Press (2008) ISBN 978-974-88168-7-6.
- Paying Back Jack, Heaven Lake Press (2009) ISBN 978-974-312-920-9.
- The Corruptionist, Heaven Lake Press (2010) ISBN 978-616-90393-3-4.
Non-ficción[editar]
- Heart Talk, White Lotus (1992).
- The Vincent Calvino Reader's Guide, Heaven Lake Press (2010) ISBN 978-616-90393-4-1.
Radioteatro[editar]
- View from Cambie Bridge (N.H.K. Xapón) (1983)
- The Bamboo Pillar (C.B.C.) (1983)
- The Semi-Detached Barrister (C.B.C.) (1981)
- Sticks and Pucks (C.B.C.) (1980)
Premios[editar]
A edición en lingua alemá de Cut Out, titulada Zero Hour in Phnom Penh, gañou o premio da crítica alemá de 2004 na categoría de novela negra internacional, así como o premio da Semana Negra de Xixón de 2007.
Notas[editar]
- ↑ segundo o arquivo da Biblioteca do Congreso dos EUA naceu en 1946; Outras fontes, como Fantastic Fiction, dan por bo 1952.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- www.cgmoore.com, web oficial (en inglés).
- www.vincentcalvino.com, web sobre o detective Vincent Calvino (en inglés).