Voo 1907 de Gol Transportes Aéreos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Choque do Mato Grosso»)
Voo 1907 de Gol Transportes Aéreos
Imaxe do accidente xerada por ordenador
Resumo
Data  29 de setembro de 2006
Causa  colisión no aire debido
a erros do ATC e posible
erro do piloto do Legacy
Lugar  200 km ao leste de
Peixoto de Azevedo
Coordenadas  Coordenadas: 10°26′30″S 53°18′47″O / -10.441666666667, -53.313055555556
Finados  154
Primeira aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-8EH
Operador  Gol Transportes Aéreos
Rexistro  PR-GTD
Pasaxeiros  148
Tripulación  6
Superviventes  0
Segunda aeronave
Tipo de aeronave Embraer Legacy 600
Operador  ExcelAire
Rexistro  N600XL
Pasaxeiros  5
Tripulación  2
Superviventes 

O voo 1907 de Gol Transportes Aéreos era un servizo doméstico de pasaxeiros dende Manaus e Río de Xaneiro operado por un Boeing 737-8EH. Na tarde do 29 de setembro de 2006 colisionou no aire cun avión executivo Embraer Legacy 600 sobre o estado brasileiro de Mato Grosso. O Boeing 737 desintegrouse no aire e esnafrouse nunha zona de densa xungla matando os 154 pasaxeiros e tripulantes a bordo; a pesar de recibir danos serios na súa á esquerda e cola, o Embraer Legacy aterrou cos seus sete ocupantes ilesos.[1][2][3]

O accidente foi investigado polo Centro de Investigación e Prevención de Accidentes Aeronáuticos brasileiro (CENIPA) e a Xunta Nacional para a Seguridade no Transporte estadounidense (NTSB), e o informe final foi publicado en 2008. O CENIPA concluíu que o accidente foi causado por erros do control de tráfico aéreo (ATC) combinados con fallos dos pilotos estadounidenses do Legacy, mentres que a NTSB determinou que ámbalas dúas tripulacións actuaron correctamente e foron situadas nun rumbo de colisión polo ATC, estimando que a decisión dos pilotos do Legacy de desactivar o seu sistema TCAS só foi un factor que axudou en vez dunha causa directa.[1][2][4]

O accidente, que provocou unha crise na aviación civil brasileira, na época foi o peor do país. É o segundo peor accidente no Brasil tras o voo 3054 de TAM Airlines en 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Informe do accidente" (PDF). CENIPA. Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 2018-12-16. 
  2. 2,0 2,1 "NTSB interim and final report links". NTSB. 2011-06-04. Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 2018-12-16. 
  3. "Accident description". Aviation Safety Network. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 2018-12-16. 
  4. Downie, Andrew; Wald, Matthew L. (2008-12-10). "Brazil Lays Some Blame on U.S. Pilots in Collision". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-16.