Chieti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chieti

Chieti é unha cidade italiana, capital da provincia de Chieti na rexión de Abruzzo. Conta con 54.095 habitantes (en 2008) denominados chietinos ou teatinos. Situada no val de Pescara, fronte ao Gran Sasso d'Italia. De orixe grego, foi a capital dos marrucinos co nome de Teate. Ocupada por Roma en 305 a.C.

Conta con restos romanos (termas, anfiteatro, templos, cisternas...), arquitectura relixiosa (catedral románica de San Giustino, s. XII) e civil (Teatro Marrucino) e co Museo Arqueolóxico Nacional de Abruzzo (Guerreiro de Capestrano, s. VI a. C.).