Checkpoint Charlie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Checkpoint Charlie visto cara o leste

O Checkpoint Charlie é o máis famoso dos pasos fronterizos do Muro de Berlín entre 1945 e 1990. Atópase na Friedrichstraße, e abría o paso á zona de control estadounidense coa soviética, onde actualmente únense os barrios de Mitte e Kreuzberg. Só se permitía o seu uso a empregados militares e de embaixadas dos aliados, estranxeiros, traballadores da delegación permanente da RFA e funcionarios da RDA.

A denominación Charlie procede do alfabeto fonético da OTAN, e é a súa terceira letra. Checkpoint Alpha era o paso de autopista en Helmstedt, Checkpoint Bravo o paso de autopista en Dreilinden.

Como consecuencia do intento por parte da xefatura do SEDE de restrinxir os dereitos que como aliados tiñan en Berlín os poderes occidentais, en outubro de 1961 tanques soviéticos e estadounidenses se posicionaron enfrontados con munición pesada.

O Checkpoint Charlie foi escenario de fuxidas espectaculares do Berlín Leste, algunhas especialmente tráxicas como a morte de Peter Fechter, desangrado en 1962 ante os ollos dos que habitaban Berlín Oeste.

O punto de control foi demolido o 22 de xuño de 1990, de xeito que agás o Museo do Muro do Checkpoint Charlie non quedou nada que o lembrase, ata o 13 de agosto de 2000, cando se inaugurou unha reconstrución da primeira caseta de control, idéntica salvo nos sacos de area, que agora están recheos de cemento.

Na actualidade, o Checkpoint Charlie é unha das atraccións turísticas de Berlín. Aparte do posto, tamén pódese ver o museo adicado á historia do muro, a derradeira bandeira do Kremlin e varios anacos do muro de Berlín. Do 31 de outubro de 2004 ata o 5 de xullo de 2005, houbo tamén un polémico monumento ás vítimas do réxime da RDA.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Checkpoint Charlie