Charlotte's Web
| A arañeira de Charlotte | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
Charlotte's Web (en galego, A arañeira de Charlotte) é unha novela de literatura infantil escrita por E. B. White publicada en 1952, con ilustracións de Garth Williams. O libro narra a historia dun porco chamado Wilbur e a súa amizade cunha araña, Charlotte. Cando Wilbur vai sufrir a matanza, Charlotte escribe mensaxes na súa tela para persuadir o granxeiro de deixalo vivir.
Charlotte's Web está considerada como un dos clásicos da literatura infantil. Publishers Weekly incluíu o libro na lista das novelas para nenos máis vendidas no ano 2000.[1]
Charlotte's Web tivo a súa versión animada producida por Hanna-Barbera Productions e Paramount Pictures no ano 1973. Paramount publicou unha secuela, Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure, nos EUA en 2003. Tamén se fixo outra adaptación cinematográfica da historia orixinal, así como un videoxogo baseado nesta adaptación, ambos do ano 2006.