Cetomimiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rondeletia bicolor

Os Cetomimiformes ou peixes balea son unha orde de peixes mariños teleósteos, pertencentes á superorde acantopterixios (Acanthopterygii). Son todos pequenos peixes de augas profundas abisais.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan unha forma que semella o corpo dunha balea, cunha boca grande e o maxilar superior ausente ou reducido, así como un estómago altamente distensible. Normalmente son de cor laranxa ou vermella, sobre un fondo negro. As aletas evolucionaron ata perder totalmente as espiñas; as aletas dorsal e anal moi atrasadas e opostas entre si. Nalgunhas especies os ollos están ben desenvolvidos, aínda que noutras os ollos dexeneraron. Na liña lateral presentan tecidos bioluminiscentes. Non teñen vexiga natatoria.

Mostran un marcado dimorfismo sexual: os machos non superan os 3,5 cm mentres que as femias poden alcanzar dez veces este tamaño. Así, os machos compórtanse como simples transmisores de esperma e incluso chegan a ser parasitos doutros peixes, en casos extremos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Algúns taxónomos [1] clasifican os Cetomimiformes dentro da orde Stephanoberyciformes.

Clasifícanse en cinco familias:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nelson, J.S. (2006): Fishes of the World, ou a mesma ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]