Rondelétidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rondeletiidae»)
Rondeletia bicolor

Os Rondelétidos (Rondeletiidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluídos na orde Cetomimiformes. Distribúense por tódolos océanos e coñécense popularmente como peixes balea.

Características[editar | editar a fonte]

Miden ó redor de 11 cm, co corpo groso, ensanchado na rexión cefálica. Aleta dorsal única e posterior; aleta anal tamén única, oposta e similar á dorsal; pelvianas pequenas e en posición subabdominal; pectorais pequenas. Carecen de espiñas nas aletas. Rondeletia bicolor posúe unha espiña por riba do ollo, cara a adiante, da que carece R. loricata. Liña lateral formada por 14-26 filas verticais de poros.

Son peixes batipeláxicos que se manteñen durante o día nas augas abisais profundas, de ata 3.500 metros, e migran durante a noite cara a superficie, a uns 100 m, para alimentarse de anfípodos e crustáceos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na familia só existe un xénero, con dúas especies:

  • Xénero Rondeletia
    • Rondeletia bicolor (Goode e Bean, 1895)
    • Rondeletia loricata (Abe e Hotta, 1963)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]