Cerro-Amate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°22′42″N 5°56′37″O / 37.37833, -5.94361

Situación do distrito de Cerro-Amate na cidade de Sevilla.

Cerro-Amate é un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía, en España.

Está situado no leste do municipio. Limita ao sur co municipio de Alcalá de Guadaíra e o distrito Sur; ao norte cos distritos de San Pablo-Santa Justa e Este-Alcosa-Torreblanca, distrito este último co que tamén limita polo leste; e ao oeste co distrito Nervión.

Barrios[editar | editar a fonte]

  • Amate
  • Juan XXIII
  • Los Pájaros
  • Rochelambert
  • Santa Aurelia-Cantábrico-Atlántico-La Romería
  • Palmete
  • El Cerro
  • La Plata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]