Centrales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diatoms
Diatomeas mariñas
Diatomeas mariñas
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Bacillariophyceae
Orde: Coscinodiscophyceae
Suborders

A Orde Centrales é unha subdivisión parafilética tradicional das algas heterocontófitas coñecidas como diatomeas[1][2][3], inda que actualmente esta tradicional orde Centrales correspóndese coa clase Coscinodiscophyceae.[4] . A orde recibe o nome pola forma das paredes celulares (ou válvulas ou frústulas) de diatomeas céntricas, que son circulares ou elipsoidais en visión valvar. As valvas mostran habitualmente ornamentos radialmente simétricos e que poden parecer puntos cando se observan en microscopía óptica. Algunhas tamén presentan espiñas nas súas valvas, que fai que teñan maior superficie celular e menor probabilidade de afundirse e que tamén eviten ser consumidas polo zooplancto. Como diferencia coas diatomeas pennadas, nunca presentan rafes (fisura ao longo do eixo lonxitudinal).

En relación co ciclo vital, a reprodución vexetativa das células é diploide e prodúcese por unha mitose durante a división celular normal. Nas especies sexuais, a meiose oogámica produce gametos haploides, tanto células espermáticas como ovos. A fusión destes produce o cigoto que se expandirá para desenvolver unha auxóspora a partir da cal todas as células vexetativas completas se producen.

Nalgúns marcos taxonómicos as diatomeas céntricas coñécense como a Orde Coscinodiscophyceae. Noutros casos como a orde Biddulphiales.[5]. Porén, a taxonomía de diatomeas está a mudar polo desenvolvemento de técnicas de análise molecular.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology, Cambridge University Press, UK.
  2. Round, F. E. and Crawford, R. M. (1990). The Diatoms. Biology and Morphology of the Genera, Cambridge University Press, UK.
  3. 3,0 3,1 Williams, D. M., Kociolek, J. P., (2007). Pursuit of a natural classification of diatoms: History, monophyly and the rejection of paraphyletic taxa, European Journal of Phycology, 42:3, 313-319.
  4. Cattolico RA, Jacobs MA, Zhou Y, et al. (2008). "Chloroplast genome sequencing analysis of Heterosigma akashiwo CCMP452 (West Atlantic) and NIES293 (West Pacific) strains". BMC Genomics 9: 211. DOI:10.1186/1471-2164-9-211. PMC 2410131. PMID 18462506. http://www.biomedcentral.com/1471-2164/9/211.
  5. Tomas, C. R., Hasle G. R., Syvertsen, E. E., Steidinger, K. A., Tangen, K., Throndsen, J., Heimdal, B. R., (1997). Identifying Marine Phytoplankton, Academic Press.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centrales Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centrales

Outros artigos[editar | editar a fonte]