Centenario (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Centenario amoedouse por primeira vez en 1921 como moeda de cuño corrente para conmemorar o primeiro Centenario da Independencia Mexicana. En 1931 suspendeuse a súa cuñaxe e houbo de esperar até 1943 para poder tornar a amoedar a moeda. O anverso presenta un antigo escudo nacional e o seu reverso amósanos o monumento do Anxo da Independencia cos volcáns Iztaccíhuatl e Popocatépetl ao fondo.

Esta moeda ten un contido de ouro puro de 1,20565 onzas, e unha pureza de 0,900, polo que é unha das moedas de máis calidade de todo o mundo.

Nesta moeda baséase o deseño orixinal das moedas serie Liberdade.

Centenario de 1947, 1 onza de ouro serie Liberdade e 1 onza de ouro nova serie Liberdade (se esquerda a dereita)

Cantidade de Centenarios amoedados[1][editar | editar a fonte]

Ano Cantidade amoedada
1921 180.000
1922 463.000
1923 432.000
1924 439.000
1925 716.000
1926 600.000
1927 606.000
1928 538.000
1929 458.000
1930 372.000
1931 137.000
1943 89.000
1944 593.000
1945 1.012.000
1946 1.588.000
1947 309.000
1949-1972* 3.975.654
1996* ?
2000-2009* 302.000
  • *Con data de 1947.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]