Catherine Green
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catherine Green, nada en Block Island, Rhode Island, o 17 de febreiro de 1755 e finada en Cumberland Island, Georgia, o 2 de setembro de 1814, foi unha inventora norteamericana.
Traxectoria [editar]
Traballou na investigación da produción de algodón, inventando a 'cotton gin', que facilitou o proceso de fiado e aumentou grandemente as cantidades de algodón tratadas. Foi patentada por Eli Withney, a quen se lle asigna na maioría dos casos a autoría.