Cath Wallace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCath Wallace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Hamilton Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Vitoria de Wellington
Universidade Nacional Australiana Editar o valor em Wikidata
Premios

Catherine C. "Cath" Wallace, nada Hamilton en 1952,[1] é unha ecoloxista de Nova Zelandia e académica. Dá conferencias de economía e política pública na Universidade Vitoria de Wellington, e forma parte de organizacións vinculadas co medio ambiente en Nova Zelandia. Outorgóuselle o Premio Ambiental Goldman en 1991 grazas ás súas contribucións para a protección do medio ambiente na Antártida.[2]

Activismo e traballo político[editar | editar a fonte]

Desde 1987 Cath Wallace deu conferencias na Universidade Vitoria de Wellington sobre economía e política pública, centrándose no medio ambiente.[3]

Durante unha década foi a presidenta das Organizacións de Conservación do Medio Ambiente de Nova Zelandia, (Environment and Conservation Organizations of New Zealand, ECO).[2] ECO é unha organización sen ánimo de lucro que se preocupa da preservación do medio ambiente.[4] Cath Wallace segue formando parte de ECO.

Wallace formou parte do Consello da IUCN, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, durante dous mandatos. O seu principal foco foi conseguir que se mantivesen en mente os custos ambientais cando se tomasen decisións nacionais. Ela impulsou reformas a nivel ambiental e de políticas enerxéticas.

Como parte do seu activismo, dirixiu un movemento de resistencia, xunto con outros activistas, contra intereses empresariais que tentaban restrinxir a Acta de Administración de Recursos (Resource Management Act). Esta acta é importante para a protección dos recursos naturais.[2] No seu posto en ECO, defendeu un cambio na lei de pesca nacional para que se xestionase o ecosistema enteiro no canto de só a pesca de peixes.

Wallace investigou os efectos da xestión de cotas pesqueiras en Nova Zelandia e meteu presión ao Ministerio de Pesca para que deixase de infrinxir as súas responsabilidades ambientais baixo a Acta de Pesca de Nova Zelandia de 1996. Wallace continúa defendendo a aplicación de fortes políticas ambientais locais por toda Nova Zelandia.[2]

Cath Wallace tamén foi cofundadora da rama de Nova Zelandia da Coalición Antártica e do océano Antártico (Antarctic and Southern Ocean Coalition, ASOC), unha alianza internacional que traballa para a protección da Antártida e o rexeitamento da Convención de Minerais da Antártida. En asociación con ASOC, Wallace foi lobista internacional para prohibir a explotación mineira na Antártida. Un paso importante na protección da contorna antártica foi grazas ao Protocolo Ambiental Antártico. O protocolo designa a Antártida como "unha reserva natural, dedicada á paz e á ciencia". Tamén coñecido como o protocolo de Madrid, estableceu regras para a protección da contorna e a prohibición da explotación mineira.[2]

En 2008 colaborou no libro SEAFOOD Ecolabelling Principles and Practice.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wallace, Catherine". The Environment Encyclopedia and Directory 2001. Psychology Press. 2001. ISBN 978-1-85743-089-9. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cath Wallance". 
  3. The 'Clean Green' Delusion: Behind the Myths
  4. "About ECO". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2022. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  5. Dr Trevor Ward, Prof. Bruce Phillips, eds. (2008). SEAFOOD Ecolabelling Principles and Practice. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 978-1-405-16266-1.