Catarina Martins
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1973 (50 anos) Porto, Portugal |
Coordenador Nacional do Bloco de Esquerda (pt) | |
11 de novembro de 2012 – 28 de maio de 2023 | |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
Lexislatura: XII Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Electa en: Eleccións lexislativas de Portugal de 2011 | |
Deputado da Asemblea da República de Portugal | |
Lexislatura: XI Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) Circunscrición electoral: Círculo eleitoral do Porto (pt) Electa en: Eleccións lexislativas de Portugal de 2009 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | actriz , política , actriz de teatro |
Partido político | Bloco de Esquerda |
Lingua | Lingua portuguesa |
Catarina Soares Martins, nada o 7 de setembro de 1973 en Porto é unha lingüista e política portuguesa, deputada e voceira do Bloco de Esquerda (BE).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en linguas e literaturas modernas, estudou teatro na Academia de Coímbra e fundou[1] o grupo teatral Visões Úteis en 1994, e foi dirixente da asociación de artes escénicas, Plateia. Membro da Mesa Nacional do BE, é deputada na Asemblea da República desde 2009.
Canda João Semedo resultou elixida coordinadora do BE o ano 2012 sucedendo a Francisco Louçã.
O 30 de novembro de 2014, tras a IX Convención do BE, Semedo abandonou o liderado que asumiu unha Comisión Permanente composta por seis membros, con Martins como voceira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha na web do grupo teatral". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2015.