Catalunya Banc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catalunya Banc, S.A.

Vista frontal da sede central de Catalunya Banc en Barcelona, edificio histórico de Caixa Catalunya.
TipoBanco
Fundación1 de xullo de 2011
LocalizaciónPlaça d'Antoni Maura, 6,
08003 Barcelona Cataluña
Persoas claveCristina de Parias Halcón
Número de empregados4.858 (2014)
editar datos en Wikidata ]

Catalunya Banc é un banco español con sede en Barcelona, filial de BBVA. Foi creado pola Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa (CatalunyaCaixa) o 7 de xuño de 2011 para desenvolver a súa actividade financeira.[1]

O 21 de xullo de 2014, BBVA logrou facerse con Catalunya Banc mediante un procedemento de poxa por 1.187 millóns de euros.[2] O 24 de abril de 2015, BBVA completou a compra de Catalunya Banc, unha vez formalizada a adquisición do 98,4% do capital social por 1.165 millóns de euros.[3]

Catalunya Banc segue a utilizar a marca comercial "CatalunyaCaixa".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]