Castro, Cerdedo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
| Castro | |
|---|---|
| Eira da Hermida no lugar de Filgueira. | |
| Concello | Cerdedo |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 179 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 4 |
Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 179 habitantes (94 mulleres e 85 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 204 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
Está formada polos lugares de Bugarín, Lugar do Cabo, Lugar do Medio e Filgueira. Situada ó noroeste da capital do concello, o seu nome procede directamente da verba latina Castrum, xa que o seu principal accidente xeográfico é o coto de Castrodiz (681 m).
Desde o lugar do Médio e o do Cabo pódese disfrutar dunha fermosa vista de todo o val, e cara a parte de abaixo das aldeas, as casas parecen precipitarse sobre o val do río Castro, mantendo a estrutura labiríntica típica do concello.
[editar] Patrimonio
Na cima do coto de Castrodiz aprecian-se indicios de asentamentos castrexos. A cima do coto aparece sesgada nun planalto que de toda a vida se chamou "A eira dos mouros". este planalto está arrodeado dos restos dunha dobre muralla moi similar á doutros asentamentos mellor conservados. Desde alí, nos dias claros de verán, pode-se ver a liña do horizonte no mar mais aló da Illa de Ons. Tamén hai testemuñas de pinturas rupestres na chamada "cova dos Mouros".
A igrexa parroquial de Santa Baia de Castro atópase a metade do camiño entre o Lugar do Cabo e o Lugar do Médio. No 1809, durante a guerra da Independencia Española, foi queimada xunto con tódalas súas pertenzas polos soldados de Napoleón, segundo refire o párroco Ignacio de Silva, quen conta tamén como os franceses deron morte a anciáns e enfermos que non foron quen de fuxir. Xa nos anos corenta, a igrexa foi rexistrada en varias ocasións pola Garda Civil, xa que Lisardino Lois Ventín, o crego de Castro, foi considerado sospeitoso de axudarlle á guerrilla antifranquista e recibir os guerrilleiros na súa reitoral; se ben fóra o anterior párroco, Jesús Rodríguez Anllo. quen uns anos antes, no 1938, dera chivatazos ás autoridades falanxistas para o apresamento de decenas de persoas e a eliminación (textualmente) de varios líderes agraristas e mestres nacionais da veciña Quireza e de toda a contorna.[Cómpre referencia]
No lugar de Filgueira, son dignas de ver as mostras de arquitectura popular que podemos atopar en todas as casas e no seu fermoso eirado composto dun conxunto de 12 canastros (Eira da Ermida) que está xunto á capela da Virxe dos Remedios (queimada tamén polos soldados de Napoleón), dende onde hai unha gran vista panorámica da parroquia de Quireza e montes do arredor. Filgueira é terra de ferreiros e fiadeiras e sobre todo destacan famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.
Outra das aldeas da parroquia é Bugarín, situada nun lugar de especial beleza. Alí pódese admirar a serenidade e equilibrio da capela da Virxe da Saleta.
No antigo camiño que comunicaba o Lugar do Cabo con Bugarín (hoxe un carreiro abandonado que é a única conexión directa existente entre os dous lugares da mesma parroquia) hai unha pedra moi grande na zona que chaman Os Corticiños. Conta a lenda que a un home que pacía as ovellas sempre por aquela zona lle saíu dunha vez ao camiño unha serpe de gran tamaño. A serpe (que seica lles gusta o leite) muxiulle dúas ovellas. Dende aquela, o home asubiaba na pedra todos os dias para que viñera a serpe, ata que pareceu que lle collera ata certo achego. Pois o home tivo que marchar fóra uns anos, e atopouse cando volveu que a serpe non acudía ao seu asubío. Volveu ao día seguinte e, desta vez, a serpe apareceu e disque de tanto que o estrañara o abrazou tanto que o matou. Días despois sete homes de Bugarín fixeron unha batida e mataron a serpe con escopetas. Disque foi isto antes da guerra.
[editar] Persoeiros de Castro
Entre os fillos ilustres desta parroquia figuran o arquitecto do século XVIII Pedro de Monteagudo, o cóengo José María Sieiro e o científico e poeta Xosé Roxelio Otero Espasandín.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Castro
| Lugares da parroquia de Castro no concello pontevedrés de Cerdedo | |
|---|---|
[editar] Parroquias de Cerdedo
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo | |
|---|---|
|
Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Tomonde (Santa María) |