Castor Casas Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCastor Casas Sánchez
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Sacos, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arzúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Castor Casas Sánchez, nado en Sacos (Concello de Cotobade) cara a 1895 e finado en Arzúa o 22 de setembro de 1937, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Médico en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera pertenceu ao corpo de Somatenes,[1] foi nomeado alcalde de Arzúa polo gobernador civil en agosto de 1925.[2] Médico titular do concello de Arzúa. Na República foi membro da Unión Regional de Derechas de Arzúa e foi multado polo gobernador civil con 500 pesetas xunto con Eugenio Rilo Torres, por interromper cun grupo de mozos un mitin da Agrupación Socialista de Arzúa en abril de 1932.[3] Foi separado do servizo como médico titular a finais de 1932.[4] Cando en 1936 se fundaron as Juventudes de Acción Popular en Arzúa, por delegación da organización compostelá, Castor Casas foi nomeado o seu presidente. Finou en Arzúa o 22 de setembro de 1937.[5]


Predecesor:
José Rivas Conde
 
Alcalde de Arzúa
 
1925 - 1926
Sucesor:
Emilio Pereiro Quiroga

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región, maio 1924, p. 9.
  2. El Ideal Gallego, 22-8-1925, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 26-4-1932, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 13-1-1933, p. 4.
  5. El Ideal Gallego, 28-9-1937, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]