Casto Novoa Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Forxa |
Datos persoais | |
Outros nomes | Casto Cabezas |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Casto Novoa Rodríguez, coñecido como Casto Cabezas, nado en Forxa (Porqueira) cara 1910, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Barbeiro de profesión. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e encabezou un grupo guerrilleiro que actuaba na comarca da Baixa Limia e a raia seca na zona do Couto Mixto. Entregouse na casa do médico Benito Rodríguez Rodríguez no Rial en 1940. Foi xulgado por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Ourense o 20 de marzo de 1941. Condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada por cadea perpetua e permaneceu varios anos en prisión. Foi detido en xaneiro de 1971 pola súa presunta participación nunha rede de tráfico de armas desde Portugal.[1][2] Nas eleccións xerais de 1977 presentouse pechando a candidatura do Frente Democrático de Izquierdas ao Congreso por Ourense, que encabezaba Alfonso Pazos Bande.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dieciséis personas detenidas en La Coruña, Pontevedra y Orense, por tenencia ilícita de armas", La Voz de Galicia, 31-1-1971, p. 4.
- ↑ Hoja oficial de la provincia de Barcelona, 1-2-1971, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-6-1977, p. 18.
- ↑ Información de ABC