Castelo, Culleredo
| Castelo | |
|---|---|
| Hórreo en Vilaverde | |
| Concello | Culleredo |
| Área | - km² |
| Poboación | 303 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 6 |
Santiago de Castelo é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2009 tiña 303 habitantes (154 mulleres e 149 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 329 habitantes.
Índice |
Situación [editar]
Castelo sitúase ao carón do Monte Xalo (sendo a entrada a este cumio pola súa vertente de Culleredo) e do núcleo urbano do concello de Carral; ademais de lindar coa parroquia cullerdense de Celas de Peiro e tamén coa parroquia carralesa de Tabeaio.
Economía [editar]
As actividades económicas principais da parroquia son a agricultura e a gandería de autoabastecemento, minoritariamente representativas entre a poboación, traballando a meirande parte dos seus veciños fóra do lugar.
Patrimonio [editar]
- Igrexa de Santiago de Castelo, reproduce a tipoloxía das igrexas rurais erixidas durante os séculos XVII e XVIII.
- Capela de San Ramón, erguida no lugar onde existiu unha dedicada á Virxe do Vao.
Festas [editar]
Castelo vén celebrando dúas festas patronais anuais, reunindo varias das características das festas patronais galegas: dianas e alboradas, misas solemnes, verbenas, etc.
- Festas de Santiago Apóstolo: varios días de festexos en torno ao 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo.
- Festas de San Ramón: nos últimos anos celébranse o último venres, sábado e domingo do mes de agosto; sendo o venres o día grande dos festexos, onde destaca a celebración dunha gran churrascada popular.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Castelo [editar]
| Lugares da parroquia de Castelo no concello de Culleredo | |
|---|---|
|
Castelo de Abaixo | Castelo de Arriba | Donepedre | Folgueira | Vilaverde | Xalo | Xián |
Parroquias de Culleredo [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo | |
|---|---|
|
Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre) |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- FestasCastelo.com: web sobre as festas patronais de Castelo.
- CasteloDeporte.org: web da Asociación Castelo Deporte, entidade xuvenil sen ánimo de lucro con sede en Castelo que fomenta o deporte e a cultura rural entre a mocidade.