Casiopea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Casiopea (en grego antigo Κασσιέπεια o Κασσιόπεια) era a esposa do rei Cefeo de Etiopía e nai con el de Andrómeda, cuxa beleza ela enxalzaba por encima da das Nereidas. Este orgullo foi a causa de todas as súas desgrazas, pois Poseidón enviou un monstro ao país que devastou as súas terras, e ao que Andrómeda ía ser sacrificada cando foi salvada por Perseo[1]. De acordo con outras fontes Casiopea alardeaba de superar ás Nereidas en beleza, e por esta razón representábaselle, cando era situada entre as estrelas, como volta de costas[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hixinio, Fábulas 64.
  2. Arato, Fenómenos 187 y sig.; Manilio, Astronómica i.355.