Casa danzante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dende a ponte

A Casa Danzante (en checo Tančící dům) é un vangardista edificio de oficinas do centro de Praga, na República Checa. O inmoble foi deseñado polo arquitecto checo (nado en Croacia) Vlado Milunić, en cooperación co arquitecto canadense Frank Gehry no lugar onde se atopaba un inmoble en estado ruinoso destruído durante o Bombardeo de Praga, en 1945. As tarefas de construción comezaron no ano 1994 e remataron dous anos despois, en 1996.

Vista Lateral

O estilo non tradicional causou moita controversia na época. O presidente checo Václav Havel, que viviu preto do inmoble durante décadas apoiou o proxecto, agardando que o edificio se convertise nun centro de actividades culturais.

Orixinalmente chamada Fred e Ginger (Fred Astaire e Ginger Rogers - a casa lembra vagamente unha parella de baile).

Praha Tancici dum.jpg

Na cobertura existe un restaurante Francés con vistas magníficas da cidade. Os planos para convertelo nun centro cultural non chegaron a facerse realidade. Na actualidade o inmoble funciona como un edificio alugado a firmas multinacionais.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas