Carme Lluveras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarme Lluveras
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestradora de baloncesto , baloncestista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1979-1980 Q62213525 Traducir Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1984-1988 Q8773153 Traducir
2000-2004 CBF Universitari de Barcelona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3899243 Editar o valor em Wikidata

Carme Lluveras Puig, nada en L'Hospitalet de Llobregat, é unha adestradora de baloncesto catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non hai constancia publica do seu ano de nacenza[1]. Na tempada 1979-80 xogou no CB Peter Pan Cibes e na tempada seguinte, en 1980, comezou a adestrar nas categorías inferiores do CB l'Hospitalet. En 1984 debutou na primeira división feminina á fronte do Natural Cusí del Masnou, equipo que dirixiu durante catro tempadas. Posteriormente adestrou os equipos femininos do Real Club Celta Baloncesto[2], Dorna Godella (1989/1990), CB Xerox Vigo (1991/1992), CD Reus Ploms (1992/1994) e Bàsquet Draft Gramenet. En 1995 pasou a adestrar equipos da categoría masculina logo de se incorporar ao CB Aracena (1995-99), que ascendeu da segunda categoría catalá á liga EBA e na súa tempada no equipo logrou o título da Liga Catalana EBA e o terceiro posto na fase final da categoría. Na tempada 1998-99 a ACEB elixiuna como a mellor adestradora afeccionada. En 2000 fichou pola Universidade de Barcelona BF, e logrou o título da liga feminina de 2003. En 2005 fichou polo Unicaja Málaga para integrar o corpo técnico de Sergio Scariolo[1], un fito no baloncesto español[3], e en xaneiro de 2006 incorporouse ao club Ros Casares de Valencia como directora xeral, cargo que ocupou ata a desaparición do club en 2012[4]. Colabora habitualmente dende 2003 en diversos programas de Catalunya Ràdio como comentarista deportiva[5].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Carme Lluveras: "Me he sentido un bicho raro"". As. 7 de xaneiro de 2005. 
  2. O equipo fichouna como adestradora mais a desaparición do equipo en agosto de 1988 impediu a súa participación na liga: Rey Lama, Luis Alberto (2011). Charlas bajo la canasta. Bodas de platino +5. PICA Galicia. pp. 360–361. 
  3. "Carme Lluveras, actriz por un día en ‘La Riera’". Mundo Deportivo. 12 de marzo de 2015. 
  4. "Lluveras: "En la situación económica actual, este proyecto es inviable"". Marca. 30/5/2012. 
  5. "Fer entendre el bàsquet a la ràdio". ccma. 17 de xaneiro de 2019.