Carlos Pazos Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Pazos Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan Pazos Varela Editar o valor em Wikidata

Carlos Pazos Varela, nado na Pobra do Caramiñal e finado en Padrón en abril de 1922,[1] foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no comercio traballando na casa Orense de Pontecesures. Estableceuse en Padrón onde montou unha fábrica de tecidos. Foi socio de Ángel Ramos García co que montou a Sociedad Ramos y Pazos. Foi xerente da Sociedad Anónima Azucarera de Padrón. Amigo de Rafael Gasset Chinchilla, foi elixido deputado provincial polo distrito de Noia en 1893. Volveu ser reelixido deputado provincial ata a súa morte.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmelo Cristobo, que logo de enviuvar tomou os hábitos carmelitas en 1930.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-4-1922, p. 1.
  2. Nova Galicia, 3-12-1905, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 6-2-1930, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]