Carlos Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Domínguez
Información persoal
Nome Carlos Domínguez Cáceres
Nacemento 11 de febreiro de 2001
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,90
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Carreira xuvenil
Equipos
RC Celta Fortuna
editar datos en Wikidata ]

Carlos Domínguez Cáceres, nado o 11 de febreiro de 2001 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España de fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade viguesa e formado nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, foi capitán do conxunto sub-19 celeste na División de Honra Xuvenil ata que na tempada 2020-21 é ascendido ao filial. Debutou co equipo B o 22 de novembro de 2020, cando entrou como substituto de Alberto Solís nun partido que gañou o conxunto galega fronte ao Zamora C.F. por 2 a 0.

Por mor de varias lesións no primeiro equipo, Carlos fora convocado por vez primeira co Celta o 9 de maio de 2021 para disputar un encontro de liga fronte ao Villarreal CF, onde sería titular e o equipo vigués gañaría por 2 a 4. O 11 de xaneiro de 2022 faise oficial a súa renovación o Celta ata 2026.

Clubs[editar | editar a fonte]

Actualizado no último partido disputado el 4 de xuño de 2023 .

Club País Ano Partidos Goles
Celta de Vigo B Galicia Galicia 2020-act. 50 1
Celta de Vigo Galicia Galicia 2021-act. 19 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]