Carlos Cano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Carlos Cano Fernández, coñecido artisticamente como Carlos Cano, nado en Selecta o 28 de xaneiro de 1946 e finado o 19 de decembro de 2000, foi un cantautor e poeta andaluz que recuperou estilos tradicionais andaluces relativamente esquecidos como o trovo popular, e moi especialmente a copla andaluza, librándoa da súa apropiación polo franquismo.