Capitán Furilo
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Capitán Furilo | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Ponteareas, Galiza |
| Período | mediados do 2006 - actualidade |
| Xénero(s) | rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Falcon Records |
| Membros | Oscar T. Mikel P. Monkel S. Ronchi M. |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.capitanfurilo.com/ |
Capitán Furilo é unha banda de rock galega procedente de Ponteareas e fundada a mediados do ano 2006. Algúns dos seus membros proviñan da banda O Caimán do río Tea, tamén de Ponteareas.
Índice |
Traxectoria [editar]
A historia da banda comezou cun encontro casual en Dublín a mediados dos 2006 entre Oscar T., que se atopaba alí cunha bolsa de estudios internacionais, e Mikel P., de viaxe visitando a familiares. De volta a Galiza completaron a formación do novo proxecto, ao que bautizaron como Capitan Furilo, pola admiración de ambos á serie Hill Street Blues, e comezaron a gravar o que sería a súa primeira maqueta[1].
A principios do ano 2007 lanzaron a través da Regueifa Plataforma o seu traballo de estrea, a maqueta de catro temas (tres en galego e un en inglés), bautizada como Non hai problema. No ano 2008 autoeditaron o seu primeiro EP, titulado Pop?, gravado en outubro de 2007 nos estudios Océnao de Nigrán[2].
O seu primeiro álbum, Rock, formado por once cancións, foi gravado nos estudios Élite de Vigo e foi presentado o 7 de novembro do ano 2009 nunha cea-baile en Ponteareas[3].
Membros [editar]
Oscar T. bateria e percusións Mikel P. guitarra e voz Monkel S. baixo e voz Ronchi M. guitarra e voz (Rafael Martínez?)
Discografía [editar]
- Non hai problema (maqueta) - 2007 (A Regueifa Plataforma)
- Pop? (EP) - 2008 (autoeditado)
- Rock - 2009 (Falcon Records)