Marca de canteiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marcas de canteiro")
Marcas de canteiros na igrexa de San Martiño de Lalín.
As marcas de canteiro son símbolos gravado por un canteiro nunha pedra tallada por el.
Índice |
Características [editar]
Foron utilizadas principalmente durante a Idade Media e o Renacemento, sendo facilmente identificables en construcións como castelos, igrexas, pazos ou pontes. Tiñan como propósito identificar a autoría do traballo, para determinar o valor a pagar a cada canteiro, dado que eran remunerados por peza, non por tempo traballado. Tamén había outras marcas, normalmente colocadas na parte non visibles da pedra, destinadas a indicar a posición en que esta deberia estar colocada.
A ciencia que estuda as marcas de canteiro é a gliptografia.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Charréu, Leonardo. Siglas Medievais de Estremoz: apontamentos de gliptografia medieval portuguesa. en Al'madan, revista do Centro de Arqueologia de Almada, n.º 6 (2.ª série), 1997, pp. 132 - 138.
- Torre Martín-Romo, R. de la: As marcas na pedra: A gliptografía na provincia de Pontevedra. Pontevedra, Museo de Pontevedra, 1986.
- Actas del Coloquio Internacional de Gliptografia de Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra, 1988, 2 v. ISBN 84-86845-06-8
Ligazóns externas [editar]
- Les marques de tâcherons (en francés) (consultado o 3 de agosto de 2008);