Canteira Penrhyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°10′01″N 4°04′01″W / 53.167°N 4.067°W / 53.167; -4.067

Vista da canteira Penrhyn en Bethesda, Gales.

A canteira Penrhyn é unha canteira de lousa localizada preto de Bethesda, no norte de Gales.

Historia[editar | editar a fonte]

O barón Penrhyn cunha delegación dos canteiros de Penrhyn en 1897.
O depósito de auga no elevador da canteira de Penrhyn.

A finais do século XIX era a maior canteira de lousa do mundo, cun pozo principal de prácticamente 1,6 km de longo e 370 m de profundidade, e uns 3000 canteiros. Dende entón, foi substituída en tamaño polas canteiras de lousa en China, España e os Estados Unidos. Penrhyn é aínda hoxe a canteira meirande de lousa de Gran Bretaña.

A canteira foi desenvolvida por primeira vez na década de 1770 por Richard Pennant, despois primeiro barón de Penrhyn, aínda que é probable que a extracción de lousa en pequena escala comezase moito antes. Gran parte destes primeiros traballos eran para uso doméstico. Os traballos a grande escala non se fixeron ata o crecemento de Pennant. A partir de entón, a lousa da canteira foi transportada cara a cara o porto Penrhyn dende a vía ferroviaria construída en 1798, unha das liñas ferroviarias máis antigas. No século XIX, a canteira Penrhyn, xunto coa canteira Dinorwic, dominou a industria da lousa galesa.

A canteira ten un lugar significativo na historia do movemento obrero británico como o lugar onde se efectuaron dúas prolongadas folgas de traballadores esixindo mellores salarios e mellores condicións de seguridade. A primeira folga durou once meses no ano 1896. A segunda, comezou o 22 de novembro de 1900 e durou tres anos. Coñecida como O Gran Golpe de Penrhyn, esta folga foi a disputa máis longa da historia industrial británica.

Dende 1964 ata 2007 foi propiedade e estivo dirixida por Alfred McAlpine PLC. No 2007, a canteira foi adquirida por Kevin Lagan, quen cambiou o seu nome a Welsh Slate Ltd. Kevin Lagan e o seu fillo Peter (MD de Lagan Building Solutions Ltd.) son agora os directores de Welsh Slate Ltd. que tamén abrangue a canteira Oakeley en Blaenau Ffestiniog, a canteira Cwt Y Bugail e a canteira Pen Yr Orsedd.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canteira Penrhyn

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]