Cando sopra o vento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cando sopra o vento
Ficha técnica
Título orixinalWhen the Wind Blows
DirectorJimmy Murakami[1]
ProdutorJohn Coates[1]
GuiónRaymond Briggs
Baseado enWhen the Wind Blows de Raymond Briggs
Intérpretes
MúsicaRoger Waters
DistribuidoraRecorded Releasing
Kings Road Entertainment
Nippon Herald Films/At Entertainment
Estrea 24 de outubro de 1986
Galicia 15 de xuño de 1990 (TVG)
Duración80 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroAnimación
Recadación5 274 dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0090315 Filmaffinity: 920396 Allocine: 192047 Rottentomatoes: m/when_the_wind_blows Mojo: whenthewindblows Allmovie: vm105382 TCM: 95508
Discogs: 56021 Editar o valor em Wikidata

Cando sopra o vento (en inglés: When the Wind Blows) é un filme británico de 1986 dirixido por Jimmy Murakami. Baséase na banda deseñada homónima de Raymond Briggs. Conta coas voces de John Mills e Peggy Ashcroft para as dúas personaxes principais e a música é de Roger Waters.

O filme foi a segunda colaboración de Briggs con TVC, despois dos seus esforzos por un especial baseado noutra obra del, The Snowman, en 1982. Foi distribuído por Recorded Releasing no Reino Unido, e por Kings Road Entertainment nos Estados Unidos de América. A seguinte novela gráfica de Briggs, Ethel and Ernest (1998), deixa claro que Briggs baseou a parella protagonista en Cando sopra o vento nos seus propios pais.

Cando sopra o vento é un híbrido entre a animación tradicional e a stop motion. As personaxes de Jim e Hilda Bloggs están feitos a man, mais o seu fogar e a maioría dos obxectos nel están animados con stop motion. A banda sonora contén música de David Bowie (que interpreta a canción principal), Roger Waters, Genesis, Squeeze, Hugh Cornwell e Paul Hardcastle.

Estreouse en galego o 15 de xuño de 1990 a través da TVG.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 British Film Institute (ed.). "When the Wind Blows". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  2. "Box Office Mojo". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  3. "Programación da TVG". ABC. 15 de xuño de 1990. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]