Campo Municipal de Tarazona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo Municipal de Tarazona
Construción
Inauguración1979
Estadio
SuperficieHerba natural
Capacidade4.000
PropietarioConcello de Tarazona
LocalíaSD Tarazona

O Campo Municipal de Tarazona é un campo de fútbol do do municipio zaragozano de Tarazona, en Aragón, inaugurado en 1979 e reformado en 2014. Trátase dun campo de herba natural con capacidade para 4.000 espectadores. Nel xoga como local os seus partidos a SD Tarazona.

Historia[editar | editar a fonte]

Tralo ascenso da SD Tarazona á Primeira División RFEF na tempada 2022/23, o campo foi sometido a unha serie de obras para cumprir os requisitos establecidos pola RFEF para poder xogar na terceira categoría do fútbol español.[1] Así, o céspede artificial foi substituído por herba natural e as bancadas foron ampliadas ata os 4.000 espectadores.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La SD Tarazona estrenará césped este domingo ante el CD Teruel" (en castelán). 9 de novembro de 2023. Consultado o 4 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]