Calinico, Exarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calinico ou Kallinikos (Καλλίνικος en grego) foi o exarca de Ravenna (597 - 602 ou 603). É chamado Gallicinus por algúns historiadores porque o gran historiador longobardo Paulo o Diácono o chama Gallicini patricii [1], o que en galego é o patricio Gallicinus [2].

Os primeiros anos do seu goberno estiveron marcados por unha sorte relativamente boa.

En 598 asinouse un armisticio entre os bizantinos e os longobardos, e no ano seguinte foi establecido un período de paz formal de dous anos, no que se recoñeceu aos longobardos como señores soberanos das súas posesións. Sobre o ano 602, Calinico tentou renovar o tratado de paz, á vez que secuestraba á filla do rei longobardo Axilulfo e ao seu home para ter máis forza á hora de negociar. No canto diso, Axilulfo invadiu a Italia Imperial, destruíndo Padua e capturando Monselice. Pouco despois Calinico morreu e foi sucedido por Esmaragdo.

Exarcado de Ravenna

Segue a:
Romano
Calinico, Exarca
Precede a:
Esmaragdo