Caldeira de condensación
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Unha caldeira de condensación é un dispositivo de quecemento de agua para usos domésticos que recupera parte da calor que conteñen os gases produto da combustión en lugar de cedelo á atmosfera. Os gases de saída teñen unha temperatura relativamente baixa, polo que o que se aproveita é a calor do vapor de agua, que ao condensarse cede enerxía nun cambiador de calor.