Caixa Manresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acto oficial no Auditori de Barcelona.

Caixa Manresa (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Manresa) foi unha caixa de aforros catalá con sede en Manresa.

Fundada en 1865, desapareceu en 2010 cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Tarragona, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.

O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña e a cuarta de España, só superada por La Caixa no seu territorio. Caixa Manresa achegou 6.595 millóns de euros no proceso de fusión, cunha participación do 20% na nova caixa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os consellos de Caixa Catalunya, Tarragona e Manresa firman a segunda gran fusión entre caixas catalás". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 09 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]